Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Un bando do alcalde de Friol reclama a limpeza de fincas para evitar incendios

Por 29 Maio, 2018Sin comentarios

O alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez, vén de publicar un bando no que informa da obligatoriedade de limpar os solares e parcelas situadas en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural antes do 31 de maio co obxectivo de evitar os incendios forestais.

As fincas baixo esta obriga son aquelas que se atopan dentro dunha franxa perimetral de 50 metros ao solo urbano, urbanizable delimitado ou de núcleo rural, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais situadas a menos de 400 metros do monte. Tamén fai referencia a aquelas terras no interior do núcleo de poboación e na totalidade da franxa de protección de 50 metros dende a liña que delimita urbanísticamente os núcleos, nas que non poderá haber especies arbóreas como piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, fieitos, mimosas, xestas, caqueixa, piorno, carrascas e silvas.

Os veciños que incumpran esta normativa poderán ser sancionados.