Ximnastas da Terra Chá farán unha exhibición en Vilalba o día 2

Preto de 300 ximnastas de diferentes categorías realizarán en Vilalba o 2 de xuño unha exhibición de rítmica a partir das 17.00 horas, e durante unha hora e media, no pavillón municipal.

A concentración non terá carácter competitivo e servirá para demostrar o traballo dos últimos meses por parte das escolas deportivas da Terra Chá con rapaces de entre 5 e 24 anos.

Esta actividade está organizada polo Club Violeta e nesta reunión participarán equipos como o de Rábade e o anfitrión que se clasificaron en diferentes citas autonómicas e tamén nacionais.

Etiquetas