O Concello de Guitiriz convoca o concurso para escoller o cartel da Feira da Cantería

O Concello de Gutiriz vén de convocar unha nova edición do certame para escoller o cartel da Feira da Cantería, Callos e artesanía de Parga, que se celebrará por XXIV ano consecutivo o 22 de xullo.

O oncurso ten como obxecto seleccionar o cartel oficial anunciador desta feira cun tema orixinal e inédito, de libre elección, relacionado coa temática da feira, e cun procedemento e composición anunciando de maneira clara a XXIV Feira da Cantería, Callos e Artesanía que se celebra en Parga o somingo 22 de Xullo.

Poderán participar neste concurso cantas persoas estean interesadas, ben individualmente, ben en equipo a partir dos 16 anos de idade que poderán presentar un máximo dun cartel por participante.

O prazo para inscribirse e presentar os carteis, que xa está aberto, rematará o 15 de xuño de 2018. Os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do concello de Guitiriz.

O deseño gañador será premiado con 200€ máis diploma e a entrega do mesmo será o propio día da feira. O xurado que escollerá o premio estará formado por tres persoas relacionados co mundo das artes.

Etiquetas