O BNG de Guitiriz reclama a instalación de puntos de carga eléctrica

O concelleiro do BNG de Guitiriz Xosé Lois González, Pereira, vai a propoñer no próximo Pleno, a instalación de puntos de carga para vehículos eléctricos no Concello. “Queremos, desde a administración máis cércana o cidadán, ir dando exemplo na loita contra a contaminación atmosférica e ir reducindo pouco a pouco a emisión de gases como dióxido de carbono, dióxido de nitróxeno así como ir reducindo a contaminación acústica producida polos automóbiles de motor de explosión e apostar por esta tecnoloxía que cada día ten mais implantación”, dí  Pereira.

Así mesmo, o BNG pide estudar a posibilidade de que quede establecida a obrigatoriedade en todo edificio de nova construción para o que se pida licenza, de dotar aos garaxes da infraestrutura básica necesaria que posibilite a recarga das baterías dos automóbiles eléctricos e, facilitar naqueles edificios cuxos garaxes non estean dotados desta infraestrutura, a instalación das mesmas ás comunidades que así o requiran. “Pedimos tamén que se premie a tódoloscidadáns do Concello que se animen a mercar automóbiles eléctricos ou de  emisións nulas, con unha bonificación no imposto anual”, declara.

A segunda iniciativa que o BNG levará a Pleno reclamará o arranxo da casa Barxa e da casa Habanera nas cales se percibe un certo deterioro e abandono, “como se pode apreciar nas balconadas de madeira da casa Barxa e nas paredes dos dous edificios” salienta Pereira, quen admite que “non temos moitos locais no Concello para actividades eventos e por esa razón, temos que conservalos no mellor estado posible para que o tempo non acabe deteriorando estes edificios como está pasando en outras casas particulares do casco urba

Etiquetas