Rábade acolle este sábado a XI edición do Certame de Pintura Rápida

O sábado 2 de xuño terá lugar o 11º Certame de Pintura Rápida organizado polo Concello de Rábade.  As inscricións realizaranse no propio edificio consistorial o mesmo sábado dende as 9:00h ata as 10:00h.

O concurso está aberto a todos os artistas que desexen participar. Só se admitirá unha obra por artista, que será libre de escoller a modalidade e estilo de pintura que desexe. O tema é Estampas de Rábade. As obras terán unhas dimensións mínimas de 50x50cm e máximas de 150 x 150 cm.

Os premios serán en metálico. Ao primeiro corresponderanlle 1.100 euros, ao segundo 700 euros e ao terceiro 500 euros. Outorgarán tamén  tres accesit de 100 euros.

Todos os participantes no concurso serán convidados a comer.

Etiquetas