O Concello de Xermade realizará obras en viais por preto de 180.000 euros

O Concello de Xermade ten prevista a realización de diferentes obras de reparación en viais de Cabreiros, Fraixo e Xermade cun orzamento de licitación de 21.100,00 €, financiado con cargo ao convenio asinado coa Deputación Provincial de Lugo no mes de novembro do ano pasado.

Ademais, mellorará tamén camiños municipais en Reguengo, Leboré, Meiriño, Lousada, Cabreiros e Burgás financiado polo AGADER, cun orzamento de licitación de 77.796,60 €.

Tamén, noutra partida económica do Agader, e cun orzamento de licitación de 77.796,60 euros realizará obras de mellora de camiños municipais en O Vilar, A Fraga, Mariñás, Vilacide, Chao, Penachaíña, Xemaré, Casavella e Porto.

Etiquetas