Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba abre un proceso selectivo de monitores deportivos

Por 4 Xuño, 2018Sin comentarios

Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Vilalba, celebrada o día 28 de maio de 2018, aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria da selección de personal para postos de monitores deportivos 2018, mediante contratacións de carácter temporal e a conformación dunha bolsa de emprego.

O prazo de presentación de instancias é de oito días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As persoas interesadas poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios da sede electrónica da casa consistorial e na páxina web do concello de Vilalba.

Os interesados poderán presentar a instancia para tomar parte do proceso selectivo presencialmente no rexistro xeral do Concello de Vilalba (1º andar) ou a través da sede electrónica. Os interesados deberán aportar DNI, fotocopia simple da titulación académica esixida como requisito de acceso, certificación negativa de delitos sexuais e a documentación necesaria para a acreditación da cada mérito según o descrito na base sexta.

Pincha aquí para consultar as bases