O PP asegura que a Xunta creou en Lugo 43 novos postos de traballo

Na comarca de Lugo crearanse 43 novos empregos grazas ao esforzo da Xunta de Galicia. Así o destacan os populares dos concellos de Friol, Outeiro de Rei, Castroverde, O Corgo, Guntín, Rábade e Lugo, quenes poñen en valor que a iniciativa do Gobergo galego é posible grazas ás contratacións contempladas ao abeiro da RISGA, do programa Aprol do Rural e ás axudas para socorristas.

Concretamente, a través destes tres programas a administración autonómica inviste máis de 325.000 euros e pon a disposición das entidades locais a oportunidade de dotarse de máis medios persoais para prestar unha mellor atención aos veciños. Trátase, por tanto, indican, “dunhas medidas que valoramos positivamente, pois a parte de dar unha oportunidade aos nosos veciños que están no paro para que atopen un traballo, podemos dar novos servizos aos mesmos”.

Os populares fan esta valoración porque con estas contratacións, as entidades locais poderán prestar unha mellor atención nas piscinas municipais ou manter os espazos públicos e as zonas forestais en mellores condicións, xa que, na maior parte, os contratos son para realizar os traballos correspondentes aos mantemento e limpeza dos mesmos e a tarefas silvícolas.

A selección corre a cargo dos concellos e o tempo de duración das contratacións vai dende os 2 meses no caso dos socorritas, ata os 7 meses na RISGA e os 9 meses no programa Aprol Rural.

As cifras ao detallade

Os importes que recibiron os concellos, así como o número de contratacións, son as seguintes:

RISGA: 164.981,25 EUROS

CONCELLO

TRABALLADORES

CONTÍA

FRIOL

1 PEÓN

9.416,68 EUROS

LUGO

20 ENCARGADOS

142.538,97 EUROS

OUTEIRO DE REI

2 PEÓNS

13.025,60 EUROS

APROL DO RURAL: 134.823,6 EUROS

CONCELLO

TRABALLADORES

CONTÍA

FRIOL

2 PEÓNS FORESTAIS

22.500 EUROS

CASTROVERDE

2 PEÓNS FORESTAIS

22.500 EUROS

O CORGO

2 OFICIAIS

22.500 EUROS

OUTEIRO DE REI

2 PEÓNS FORESTAIS

22.323,60 EUROS

GUNTÍN

2 PEÓNS FORESTAIS

22.500 EUROS

RÁBADE

2 PEÓNS FORESTAIS

22.500 EUROS

SOCORRISTAS: 25.594,36 EUROS

CONCELLO

TRABALLADORES

CONTÍA

GUNTÍN

1

3.593,10 EUROS

LUGO

5

15.000 EUROS

OUTEIRO DE REI

1

3.600 EUROS

RÁBADE

1

3.401,26 EUROS

Etiquetas