O Vilalbés segue na pelexa pola Segunda División B

O Rácing Vilalbés volveu dar o do de peito e segue na pelexa polo ascenso á Segunda División B. Tras una excelente tempada o equipo verdivermello logrou un meritorio empate a 1 gole ante un Atlético Levante que fixo unha gran ataque pero unha pobre defensa.

A Magdalena foi o escenario deste primeiro encontro que terá unha segunda volta a próxima fin de semana no campo levantino.

O equipo de Vilaba fixo unha gloriosa primeira parte e na segunda un erro na defensa local propiciou o penalti que deixaría todo igualado de novo para o seguinte partido no que o Vilalbés terá que gañar se quere pasar á seguinte rolda.

Etiquetas