Vilalba Aberta organiza un vermú informativo

Representantes de Vilalba Aberta realizará o sábado 9 de xuño un Vermú cara as municipais, co obxectivo de dar a coñecer as propostas e aos representantes deste grupo político antes das eleccions.

Esta actividade terá lugar na Praia Fluvial da Madalena a partir das 12.00 horas e nela combinarán música, festa e “propostas para unha xornada que agardamos histórica e que pretendemos sexa recordada coma a do día na que a veciñanza de Vilalba dixo adeus á incerteza e á resignación, tomando para si o papel protagonista”, aseguran.

Os asistentes serán o voceino municipal, Modesto Renda; Xosé Manuel Beiras, de Anova Irmandade Nacionalista; María Xosé Fernández e María Xosé Lamas, da Asamblea de Vilalba Aberta, e Benito Portela, alcalde de Sada.

Etiquetas