CCOO e CIG convocan unha folga en Inoxidables de Rábade

Dende CC.OO. de Industria de Lugo e CIG Industria de Lugo e, despois de 8 xuntanzas entre comité da empresa Inoxidables de Rábade e a dirección durante os derradeiros 18 meses, e non acadar ningunha dás reivindicacións prantexadas polos traballadores, convocamos unha asemblea onde informamos detalladamente a toda a plantilla da negativa da empresa a atender ningunha das demandas do comité de empresa.

En dita asemblea, celebrada a pasada semana, dun total de 53 traballadores/as asistiron 34 (maioría absoluta) os cales en votación libre, secreta, persoal e directa emitiron 32 votos a favor da convocatoria dunha folga como medida de presión para que a empresa entrara a negociar as propostas sindicais. Así mesmo, houbo un voto en contra e unha abstención.

Polo tanto o 99% dos asistentes deciden apoiar todas as medidas de presión que o Comité de empresa propoña e secundar unha folga indefinida de dúas horas por quenda comezando ás 10 horas de mañá do mércores día 6 na quenda de maña, ás 16 horas na quenda da tarde e ás 23 horas na quenda da noite.

Esta empresa dedicada a fabricación de tubo de aceiro inoxidable para o automóbil principalmente de alto valor engadido está según a (Base de datos Ardán 2018) no posto 32 de facturación da provincia de Lugo cun importe superior os 17.000.000€, a pesar de todo elo,  a maioría da plantilla non ten ningunha mellora nos últimos 10 anos, polo que ás reivindicacións que fan son os seguintes puntos:

  • Formación.
  • Comedor.
  • Carretilleiros, que sexan oficiais de primeira.
  • Equiparación salarial e igualdade salarial tanto a outras plantas do grupo como dentro pola mesma categoría.
  • Revisión categorías.
  • Ventilación e adaptación térmica da nave.
  • Cubrición dos aparcadoiros.
  • Ruído, luminosidade e produtos químicos.
  • Incentivos 500€ trimestrais.
  • Roupa de traballo.
  • Plus de penosidade, toxicidade e perigrosidade.
  • Calendario laboral e vacacións 2018.

Etiquetas