Ponte de Outeiro destaca na final da Liga Nacional de billarda

Un ano mais chegadas estas datas, celebráronse  no campo de fútbol do Atlético Fátima, no Castiñeiriño, Santiago de Compostela as finais da Liga Nacional de billarda.

Para formar os cadros cada conferencia presentou os palanadores que lle corresponden por porcentaxe según a media de participación durante a tempada, quedando a seguinte distribución por categorías:

Infantil, con 16 finalistas (2 NorLeste, 5 NorOeste, 9 Rias Baixas).

Donas individual, 18 finalistas (4 NL, 2 NO e 12 RB).

Para varados, 20 finalistas (7 NL, 3 NO e 10 RB).

Categoria de equipos, 8 equipos (3 NL, 2 NO e 3 RB).

Individual absoluto, 48 palanadores (15 NL, 9 NO 24 RB).

Na sesión de mañá, os cativos ofreceron un  expectalcular duelo, donde destacou Juanma (Lúa de forza de San Xenxo) que pechou a sua andaina nesta categoría con broche douro. Segundo foi José María (Billardeiros Musicais de Ribadeo) e terceiro Martiño (Corredoiras de Bueu).

En Varados, podio monocolor para a conferencia NorLeste: primerio Tomas, segundo Santi (os dous de Carabullo de Ponte de Outeiro) e terceiro Markytos (billardeiros Musicais de Ribadeo).

A final por equipos, aínda que resultou moi competida, decantouse a favor dos actuais campións que repiten título. Os Corredoiras de Bueu saíron gañadores logo dun desempate con Lúa de Forza de San Xenxo. Como terceiro mellor equipo subiron ao podio os Carabullo de Ponte de Outeiro, representantes da conferencia NorLeste.

Un descansiño para repoñer forzas e botar uns contos e de novo ca billarda e máis o palán as pistas de xogo para comenzar a sesión de tarde ca final de donas.

As excampionas da categoría partían como favoritas, Geni, Lu e Bego eran en principio as rivais máis temidas. Un enfrontamento entre as dúas últimas deixou a Lu fora da loita prematuramente, Geni caeu en semifinais ca infantil Adriana quen a postre sería a campiona ao desfacerse de Bego na final.

Así pois a campioa infantil do ano pasado Adriana (Valpaços Terra Quente de Vigo) covirtiuse na gañadora. Segunda foi Bego (Corredoiras de Bueu) e terceira Tania (Valpaços Terra Quente de Vigo) que venceu a Geni (Billardeiros Musicais de Ribadeo) na loita polo terceiro posto.

A grande Aballoada 2018 chegou o remate cas finais absolutas. Seis grupos de oito palanadores cada un, cinco carreiras a disputar e a metade dos palanadores eliminados, o resto ós cruces direutos. Salientar que malia a gran calidade das tres donas clasificadas (Bego, Geni e Lu), desta volta ninguna delas foi quen de pasar de grupo, o que dá idea da dificultade e calidade de tódolos finalistas.

A dureza da competición foi facendo extragos e deixando polo camiño os grandes favoritos entre os que se atopaban catro excampións. O ata ese momento poseedor do título Markytos, quedou eliminado o igual que Daniel, Xan Rodiño e Ricar, polo que este ano o Coroceiro non sería repetidor.

Entre os mellores foise colando sorpresivamente Lito (Corredoiras de Bueu) que a duras penas pasou de grupo mais logo asentouse no xogo e fíxose acreedor a xogar a final. Non é sorpresa que Juanma (Lúa de Forza de San Xenxo), que pola mañá se fixera co título infantil, fora pasando folgadamente rolda tras rolda e se plantara tamén na final. O terceiro mosqueteiro para a final a tres foi un hoxe  intratable Che (Rinoceronte de Pontevedra), daquela tres finalistas da conferencia Rias Baixas que rachaban cos derradeiros anos de dominio do NorLeste.

Final emocionante cos xeareiros das Rías Baixas festexando xa o completo éxito dos seus. Axina se puido ver que a loita quedaba reducida a un cara a cara: Un Che inspirado que cada golpexo que daba era mellor co anterior, e un Juanma que respostaba tentando acadar algo histórico, o doblete. Lito floxeou e perdeu chance.

Non puido ser, Che foi hoxe moito Che! Gañou ca forza natural que lle da o nome do equipo, as súas embestidas cara o Varal foron expectaculares e Juanma tivo que conformarse co segundo posto.

Rematou a tempada billardeira con toda brillantez ca entrega de premios e agasallos os distintos gañadores en cada categoría. Agasallos feitos artesanalmente principalmente por Gándara e Ricar. Parabéns e Billarda sempre! Para o ano mais e mellor!

Estos foron os resultados finais:

Infantís:

1º- JUANMA–           Lúa de Forza – Sanxenxo
2º- JOSE MARIA    Billardeiros Musicais – Ribadeo
3º – MARTIÑO         Corredoiras – Bueu

Varados:

1º- TOMAS             Carabullo – Ponte de Outeiro
2º- SANTI               Carabullo – Ponte de Outeiro
3º- MARKYTOS–     Billardeiros Musicais – Ribadeo

Equipos:

1º-CORREDOIRAS    Bueu
2º-LUA DE FORZA    
San Xenxo
3º- CARABULLO       
Ponte de Outeiro

Donas:

1º-ADRIANA           Valpaços Terra Quente – Vigo
2º-BEGO-                 Corredoiras – Bueu
3º-TANIA-                 
Valpaços Terra Quente – Vigo

Absoluta:

1º-CHE                    Rinoceronte – Pontevedra
2º-JUANMA            Lúa de Forza – Sanxenxo
3º-LITO                     
Corredoiras – Bueu

Etiquetas