Skip to main content
ActualidadeVilalba

A avenida da Terra Chá de Vilalba arranxarase o próximo ano

Por 7 Xuño, 2018Sin comentarios

Segundo indicou o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, o próximo ano iniciarase o acondicionamento da Avenida da Terra Chá de Vilalba, obras que teñen un orzamento de 650.000 euros e que subvencionará a Xunta de Galicia.

Baamonde asegurou que tras a reunión mantida coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, todo quedou listo para comezar co proxecto, que o alcade supón que se poderá iniciar o próximo ano porque xa está redactado.

A remodelación consistirá no acondicionamento integral da rúa, tanto das beirarrúas como da calzada, ademais da renovación dun tramo da rede de augas co fin de solventar os problemas de abastecemento que teñen algunhas das vivendas nesta zona, igual que pasa na rúa Calvario, en Rouco Varela e na zona das Fontiñas, onde están en distintas fases da obra.