A Uned sénior da Terra Chá abre o prazo de preinscrición

A  preinscrición para os novos cursos do programa formativo UNED Sénior, que a Universidade Nacional de Educación a Distancia desenvolve  para maiores de 50 anos, xa está aberta na zona da Terra Chá para o próximo ano académico. Entre a oferta formativa para o primeiro cuadrimestre  atópanse as seguintes materias:
1- Música.
2- Inglés.
3- Fotografía

E como novidade este ano ofértase a TERAPIA DE MAIORES CON CANS, impartida por Octavio da TVG e propietario do Centro de Instrución Canina e Hotel MONTEGGATTO de Oza Cesuras.

Precisamente, o día 13 de xuño vaise celebrar unha  xornada de portas abertas para coñecer o contido desta materia, que terá lugar de 12:00 h a 14:00 h. Todos aqueles interesados poden anotarse chamando ao Concello (982 370 109).

Os alumnos admitiranse por rigorosa orde de inscrición  ata completa o aforo e as persoas admitidas recibirán a información  pertinente para formalizar a matrícula.

Etiquetas