Rábade, Begonte e Friol poñen en marcha un obradoiro de emprego conxunto

Os concellos de Rábade, Begonte e Friol únense para levar a cabo, por segundo ano consecutivo, o obradoiro de emprego Cumes da Terra Cha II, no que se forma aos asistentes nas modalidades de albañilería e xardinería.

Neste proxecto fórmase a unha veintena de persoas en situación de desemprego, dos cales sete pertencen a Friol, cinco deles centrados na modalidade de construción, e que se están a ocupar dos traballos de construción das beirarrúas de ambas marxes e a renovación dos sistemas de saneamento e da traída de auga municipal, no lugar chamado Campo da Torre. As outras dúas dedícanse ao mantemento de zonas naturais e espazos públicos.

Os traballos realizaranos ata finais do mes de xuño, data na que se dará por concluído este obradoiro subvencionado desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria por un total de 279.959,00 euros.

O alcade de Friol, José A. Santos, acompañado polo concelleiro de Obras, Jesús Cortiña, e o director do obradoiro, Fernando Álvarez, comprobou in situ o estado das obras e asegura que “queremos axudar a que a xente atope saídas laborais e de calidade, para elo é necesaria a formación e queremos que atopen esta posibilidade en concellos pequenos como o noso, por iso as diversas accións que estamos a levar a cabo, nas que temos que agradecer a implicación económica da Xunta de Galicia?”.

Etiquetas