Skip to main content
ActualidadeVilalba

Dous proxectos vilalbeses, premiados no concurso de Miniempresas

Por 8 Xuño, 2018Sin comentarios

Dous proxectos de instituto vilalbés Lois Peña Novo obtiveron o segundo premio e un accésit no concurso que se desenvolveu en Xove. Dos cinco premios que había, o centro vilalbés levouse dous.

O segundo foi para o proxecto Ledómetro e o accesit para Ensino Avós. Este último proxecto contempla a formación dunha empresa dirixida á formación en alfabetización dixital a domicilio no manexo das novas tecnoloxías para persoas maiores, así como a operación con ferramentas de tratamento de imaxes e programas informáticos de oficina.

Ledómetro pola súa banda se utiliza para elaborar enquisas de satisfacción e ver resultados en tempo real.

Estas dúas miniempresas foron formadas dentro programa Lanzadeiras Lugo, que ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado a través da creación de miniempresas nos centros educativos.