Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba destina preto dun millón de euros para o arranxo de camiños

Por 8 Xuño, 2018Sin comentarios

O Pleno do Concello de Vilalba, celebrado pasada semana, deu para adiante a unha serie de obras englobadas en distintos proxectos.

O primeiro é o proxecto de camiños da Xunta correspondente ao ano 2018-1019, que ten un orzamento de 135.000 euros e no que figuran o arranxo de camiños nas parroquias de Vilapedre, Insua e Noche.

Por outra banda, tamén incluiron nesta sección o abastecemento de auga na rúa do Calvario, valorada en 170.000 euros. Os traballos consistirán na renovación da rede xa que a auga non sube aos pisos altos e a sección da tubaxe principal é moi estreita polo que non se pode dar máis presión. Iso leva aparellado o cambio de pavimentación das beirarrúas, polo que hai que desfacelas e volvelas facer.

Este mesmo problema ten a rúa de Rouco Varela, perpendicular á do Calvario, polo que cando rematen coas obras na primeira, poderán continuar no próximo exercicio con esta zona, xa que a sección será máis ampla.

Así mesmo, aprobaron o Plan de investimentos de remanentes de tesourería. Ao ter liquidada a deuda do concello, destinarán un total de 600.000 euros a diferentes obras entre as que figura a construcción dun ascensor na biblioteca, xa que é o único edificio que quedaba sen acceso para personas con falta de mobilidade. Nesta acción investiranse  60.000 euros.

Outra partida irá para o alumeado. Dentro da campaña de mellora enerxética, pasarán as luminarias a led porque o seu consumo é inferior. Actuarán nesta ocasións nas rúas Pacio do Peña, Castelao, Domingo Guas, Cidade de Viveiro e Penelas, para o que irán 70.000 euros, cartos que van complementados co Plan Ilumina da Deputación, que son outros 40.000 euros. Tamén destinarán unha parte para o arranxo de parques infantís, un total de  75.000 euros e para a pavimentación de rúas urbanas, outros 75.000.

Un dos grandes investimentos irá para os camiños rural, que en Vilalba teñen unha extensión de preto de 2.000 quilómetros. Sobre un millón de euros irán para esta función. 370.000 dos remanentes destinaranse a esta medida, que se suman aos 600.000 euros das partidas presupuestarias aprobadas.

Finalmente, o Pleno acordou iniciar o expediente de desafectación do colexio de Belesar, que pechou o ano pasado con capacidade para 150 cativos. O Concello fai esta petición “para evitar que se converta nunha selva”. Os veciños de Belesar demandaron este edificio para futuro local social e para a asociación de producción de cereais.