Vilalba celebrará torneos de fútbol, baloncesto e tenis de mesa na praza da Constitución

O Centro da Xuventude de Vilalba, dependente da Consellería de Política Social ten aberto o prazo de inscrición para participar nos Torneos de Fútbol e Baloncesto 3×3 e no IV Torneo de Tenis de mesa, que se celebrará os días 18,19, 20 e 21 de xuño na praza da Constitución.

Poderán participar en fútbol e tenis de mesa todos os rapaces e rapazas das categorías benxamín a xuvenil, ambas as dúas incluídas. E en baloncesto haberá tres grupos, de 9 a 14 anos, de 15 a 17 anos e de 18 a 39 anos.

Unha vez finalizado o día 21 a competicións, sobre as 19.30 horas do día 21, procederase á entrega de trofeos ao equipos gañadores de fútbol, baloncesto, tenis de mesa e xadrez na Casa da Cultura.

A incrición debef realizarse en horario de tarde no Espazo Xove ou no teléfono 982 828340.

Etiquetas