Skip to main content
Actualidade

Abre o prazo para solicitar as axudas da Deputación para deportistas

Por 11 Xuño, 2018Sin comentarios

O prazo para solicitar as axudas de 75.000 euros do Goberno da Deputación para deportistas individuais da provincia de Lugo permanecerá aberto dende este luns e ata o vindeiro venres 29 de xuño, tras a publicación no BOP das bases que rexen esta programación de concorrencia competitiva. Esta programación está dotada de 75.000 euros e en total ofertaranse 150 bolsas, das cales 11 estarán reservadas para deportistas con capacidades diferentes. Co obxectivo de premiar o esforzo competitivo, valoraranse os resultados acadados nas competicións provinciais, galegas, estatais e internacionais.

A presentación das solicitudes poderase facer a través do Rexistro do Pazo de San Marcos ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992. Toda a información e requisitos, así como a documentación necesaria atópase na web www.deputacionlugo.gal.

Poden acceder ás bolsas todos os deportistas da provincia de Lugo que posuíran ficha federativa durante o último ano e que dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2017 participaran en competicións deportivas oficiais, tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional, e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.

As bolsas terán un importe máximo de 1.500 euros e un importe mínimo de 300. Así mesmo, establécese unha idade máxima de 35 anos, a data de 31 de decembro de 2017, para os aspirantes, un criterio que non será de aplicación no caso dos deportistas con capacidades diferentes.

Premio ao esforzo competitivo

Para premiar o esforzo competitivo, á hora de levar a cabo a distribución das bolsas terase a en conta a seguinte táboa de baremación: