A ITV móbil visita A Pastoriza en xullo

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos visitará a zona da Pastoriza en xullo. Os días 12, 13 e 16 do próximo mes estará no campo da festa de San Martiño de Corbelle e os días 17, 18, 19, 20, 23, 24 e 26 situarase na gasolinera da Pastoriza. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.

Etiquetas