Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAGuitiriz

Guitiriz celebra este mércores unha xornada sobre a actividade resineira

Por 12 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz celebrará o mércores 13 de Xuño a I Xornada de Xestión Forestal Sostible co título Actividade Resineira, un complemento ao aproveitamento da madeira de Piñeiro.

Unha actividade que resulta un complemento idóneo a aproveitamento da madeira de piñeiro, conseguindo unha xestión selvícola máis activa, ter os montes máis limpos, xerar emprego e fixar poboación ó rural.

A xornada terá lugar na Casa Habanera en horario de 17:00 h a 19:00h e está destinado ao público en xeral. Estará a cargo da Enxeñeira de Montes especializada en Xestión de Desenvolvemento Sostible Érika Martínez Carreira.

Para completar a formación, o día 30 de xuño realizarase unha viaxe ás explotacións forestais resineiras de Baroña (Porto do Son), Boiro e Campo Lameiro .

Para más información: resina@letme.es.- 680.208.320 ou info@concellodeguitiriz.com 982 370 109