O Concello de Friol comeza coa renovación dos puntos de luz nas parroquias

O Concello de Friol continúa con proxectos de eficiencia enerxética, nesta ocasión cun orzamento de case 53.000 euros financiado desde a Xunta de Galicia dentro do Fondo de Compensación Ambiental, no que Concello de Friol sufraga os gastos de honorarios técnicos, é dicir, proxecto e dirección de obra, o que supón un total de aproximadamente 5.000 euros de fondos propios para a renovación de iluminación pública en diferentes parroquias como: A Muraza, parroquia de Trasmonte, San Martiño de Brá e Carlín.

Entre as obras que se levarán a cabo nestas parroquias están o correcto illamento e saneamiento de cableado, sustitución de cadros de mando, instalación de tomas de terra en devanditos cadros e protección das luminarias, conexión das caixas fusibles e calquera outra actuación que poida ser necesaria para mellorar o servizo.

Todo iso supón a redución de contaminación lumínica á vez que unha importante redución de gastos enerxéticos, ademais de mellorar a calidade do propio servizo de iluminación.

“Dende o Concello lévase a cabo este esforzo nesta demandada reforma e mellora dado que os puntos de luz que actualmente existían quedáronse obsoletos e moi deteriorados, por iso é polo que desde o Equipo de Goberno, levamos a cabo esta reforma e aumentos de puntos de luz nas parroquias”, explica o alcalde, José Ángel Santos.

O rexidor manifestou tamén que “dende o Concello queremos seguir traballando pola mellora da calidade de vida no rural, nas nosas parroquias e para que os nosos veciños teñan as máximas comodidades posibles”, por iso afirma que seguirá renovando os puntos de luz existentes no rural e amplialos onde sexa necesario, como tamén farán o mesmo co cableado e os puntos de apoio. “A idea é que nun espazo curto de tempo, os veciños das 32 parroquias de Friol poidan beneficiarse destas melloras e ampliacións na iluminación pública.

O alcalde comprométese a que nos próximos anos queden prácticamente renovados e mellorados todos os puntos de luz do municipio.

Etiquetas