Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Vocabulario de zootecnia

Por 12 Xuño, 2018Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por  Breixo González

Sempre que se está a falar da cria e tenza de animais , emprégase un vocabulario específico, e ainda que se de por suposto o significado dos termos , as veces os matices  do termo escápansenos  (como din os ingleses “ the Devil is on the dettail”, o demo está no detalle) para iso imos clarificar certos termos.

Rusticidade:

Son as características herdables que ten unha raza ou animal que lle permite adaptarse con facilidade o medio que o arrodea. É dicir, a maior rusticidade, maior será a capacidade do animal para soportar as condición ambientais de : frio, calor , chuvias, tipo de pasto. A rusticidade ven asociada  de xeito inversa os gastos asociados, canto máis rústico sexa un animal, menos problemas dara ( enfermidades,  tipo de alimentación, facilidade de quedar preñada, …)

Prolificidade:

É a media de animais nados ( vivos e mortos) en cada parto,  , dependendo da raza o número pode variar, por exemplo a raza merina en ovino soe ter unha cria , mentres que a ovella galega  esta arredor dos 2.5 animais por parto, a prolificidade  é moi importante a hora do enfoque económico na cria de animais e na raza a escoller.

Indice de conversion:

É un valor que indica a eficacia coa que o animal é capaz de transformar o alimento que inxere en masa corporal (carne, ou leite ). O valor obtense ao dividir a cantidade de alimento que o animal inxeriu durante un período de tempo entre o que creceu ou produciu animal nese mesmo tempo.

Índice de crecemento:

Trátase de diferentes valores que nos mostran como é a “calidade” e a cantidade do crecemento dos animais. Entre estes índices atopamos o Índice de conversión e a Ganancia Media Diaria.

Ganancia media diaria:

É un valor que indica a ganancia de peso dun animal ao día. Obtense dividindo o que creceu un animal entre o tempo que tardou

Herdabilidade:

É unha medida do grao en que os fillos se parecen aos pais nunha característica. As análises de heredabilidad estiman as contribucións relativas das diferenzas en factores xenéticos e non-xenéticos á varianza fenotípica total nunha poboación.

Defectos conxénitos:

Trátase dun defecto presente desde o nacemento. A orixe pode ser xenético ou non. Un exemplo de defecto congénito frecuentebacoriños que nacen con Splay leg.

Xenotipo:

É a constitución xenética dun individuo, os xenes herdados da  mai e do pai., é dicir o que ven determinado  polos xenes

Fenotipo:

É o resultado da expresión do xenotipo en función do ambiente, é dicir o resultado das condicións ambientais

Defectos xenéticos:

Estes defectos son transferidos por parte da nai ou do pai a través dos seus xenes. A maioría de defectos hereditarios adoitan ser pouco frecuentes, porque na selección soense detectar estes problemas e estes animais son eliminados. Con todo, ás veces atopámonos cun macho cuxa descendencia tende a mostrar algún problema con máis frecuencia. Este feito adoita suceder no caso das hernias.