Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Inoxidables de Rábade aumenta os paros

Por 13 Xuño, 2018Sin comentarios

Representantes sindicais de CC.OO. de Industria de Lugo e CIG Industria en Inoxidables de Rábade anunciaron que este mércores incrementarán a 6 as horas de paro por quenda.

A decisión de aumentar o tempo de paro por quenda, tomada en asemblea coa unanimidade dos traballadores, “vén a demostrar a vontade, unión e convicción da plantilla en levar as súas reivindicacións ata o final”, explican.

Nesta primeira xornada do aumento do tempo de folga os traballadores de Inoxidables de Rábade, concentraranse ás 11:30 horas diante do Concello de Outeiro de Rei onde se fará entrega á corporación dun comunicado das xustas reivindicacións que fai esta plantilla á súa dirección:

  • Formación.
  • Comedor.
  • Carretilleiros, que sexan oficiais de primeira.
  • Equiparación salarial e igualdade salarial tanto a outras plantas do grupo como dentro pola mesma categoría.
  • Revisión categorías.
  • Ventilación e adaptación térmica da nave.
  • Cubrición dos aparcadoiros.
  • Ruído, luminosidade e produtos químicos.
  • Incentivos 500€ trimestrais.
  • Roupa de traballo.
  • Plus de penosidade, toxicidade e perigrosidade.
  • Calendario laboral e vacacións 2018.