Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras acolle unha xornada nacional sobre enerxía organizada polo BNG

Por 13 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello de Muras acollerá o sábado 16 de xuño unha Xornada Nacional sobre Enerxía, que terá lugar nas instalacións da antiga cooperativa.

Estas xornadas iniciaranse ás 10.30 horas a cargo do alcalde da localidade, Manuel Requeixo, e de Ana Pontón, voceira nacionalista.

A primeira das ponencias estará a cargo do presidente da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, que falará sobre o conflito entre propiedade da terra e instalación de parques eólicos.

A continuación, o asesor enerxético Xosé Manuel Golpe Acuña explicará as claves da xestión da enerxía desde os concellos.

A tarifa eléctrica galega. Proposta de modificación do sector eléctrico será o título da última ponencia antes do xantar. Estará a cargo de Fernando Branco Parga, responsable da CIG, e de Noa Presas Bergantiños, deputada do BNG e responsable de enerxía no Parlamento.

Pola tarde, o alcalde de Muras falará deste concello como exemplo de produción eléctrica ao servizo da veciñanza.