A XIII edición do Festival da Chaira será o 21 de xullo

A XIII edición do Festival da Chaira organizado pola Asociación A Chaínza será o 21 de xullo en Baltar, A Pastoriza. Todas as actividades programadas realízanse na contorna da área recreativa da praia fluvial da Riboira. Este festival tenta promover a defensa, protección e divulgación do patrimonio cultural galego.

A asociación cultural A Chaínza leva doce anos encargándose de definir o programa do Festival dá Chaira.

Este ano, o programa dará comezo coa Ruta A Espica , de 6 quilómetros polos arredores do festival, que arrincará ás 11 da mañá.

Sobre as 13:30 comezarán os concertos  cun grupo tradicional da Pastoriza, para despois dar paso aos Feroces da Galgueira. Xa pola tarde será o IX Aberto da Billarda e outros xogos tradicionais e tamén haberá actividades para os máis pequenos con Peter Punk. Xa pola noite, a partir das 22:00, os Milesios, GHZ, Folkólicos, Falperrys, Os Vacaloras e Brigada AM amenizarán a festa.

A #chaira18 , coma todos os anos, conta con concertos e actividades de balde para todos os públicos. Ademais conta cun amplo espazo de acceso libre para acampar baixo a sombra dos carballos.

 

Etiquetas