O Concello de Vilalba abre o prazo de solicitude das axudas para libros de textos

O Concello de Vilalba, a través do Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego, vén de publicar no BOP con data 13/06/18, as Bases reguladoras para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario, destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Vilalba e escolarizado para o curso 2018/2019 en Educación Infantil (3-6 anos) nos centros docentes públicos de Vilalba.

As bases reguladoras e as solicitudes, estarán a disposición dos interesados na páxina web do concello (www.vilalba.org) e no Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego. Tamén poden descargarse neste enlace.

Os prazos de presentación de solicitudes será do 25 de xuño ao 6 de xullo de 2018, ámbolos dous inclusive.

Etiquetas