Renda di que debe ser o alcalde o que pague o busto de Fraga

As reaccións ás declaracións de Baamonde, relativas á reposición do busto de Fraga non se fixeron esperar e foi o voceiro de Vilalba Aberta, o edil Modesto Renda, e a través dunhas declaración de urxencia á prensa, o primeiro en se pronunciar.

Denuncia a “opacidade coa que o Goberno Municipal está a manexou todo canto ten que ver coa restauración dun monolito” que, ao seu xuízo, nunca debera correr a cargo da veciñanza, senón que debería ser íntegramente costeado co salario do rexedor. “Se alguén lle debe algo a Fraga en Vilalba ese é precisamente o Alcalde” declarou, reivindicando que foran os 50000 euros da “exclusiva dedicación” de Baamonde os que costearan o pagamento da nova peza.

Na mesma liña, cualificou de indignante que os cartos dos veciños se utilicen para pagar un “ornamento” que para o voceiro asembleario “incumpre a Lei De Memoria Histórica ao ter data de 1970”. É por isto, que defenderá de novo en Pleno o seu definitivo traslado ás depencias da Fundación. Unha proposta, que dende Vilalba Aberta xa levaron a sesión plenaria coincidindo coa desaparición do busto, da man tamén dunha pregunta ao Alcalde, co fin de coñeceren con exactitude o custo que a nese intre anunciada reparación lle suporía á veciñanza de Vilalba.

 

Etiquetas