As Pontes reconfigura o tráfico o domingo polo Ironman

O domingo 17 de xuño de 2018 terá lugar o V Ironman. Debido a isto, haberá numerosos cambios na circulación de vehículos no centro urbano das Pontes, destacando os seguintes:

Durante a xornada do domingo, desde as 7:00 horas ata as 17:00 horas, estarán totalmente pechadas ao tráfico e estará totalmente prohibido estacionar nas seguintes rúas:

  • Rúa da Casilla: en toda a súa totalidade.
  • Avenida das Veigas: na súa totalidade, aínda que haberá un paso regulado por axentes nos cruces da igrexa e do conservatorio de música.
  • Rego do muiño: pechada ao tráfico na súa totalidade.
  • Avenida de Galicia: pechada ao tráfico na súa totalidade, con paso regulado por axentes na praza do hospital.
  • Avenida de Lugo: pechada ao tráfico na súa totalidade, habendo paso regulado entre as rúas Presa de Alende e rúa Cuiña, así como rúa Cuiña e via Romana.
  • A estrada AC-861 permanecerá cortada ao tráfico ata a localidade de Santaballa.
  • Tamén haberá prohibición de estacionamento na rúa Luís Seoane desde avenida de Galicia ata o tanatorio en ambas as marxes durante o mesmo horario.
  • A entrada e saída de As Pontes, así como o acceso e regreso da localidade de Ortigueira, realizarase polo Brixeo, avenida Campeiras, avenida Ortigueira, praza do Hospital, rotonda dos Patos, poligono dos Airios e autovía AG-64.
  • O acceso e saída ao lago durante este horario realizarase por praza do Hospital, avenida de Ortigueira ata a AC-101 no Brixeo, onde tomarán dirección ao lago (paso regulado por axentes).
  • Haberá acceso á gasolineira da Casilla, pola rúa Illade (poboado das Veigas) e o regreso pola rua Piñeiral, que ese día cambiará o seu sentido de circulación.

O Concello solicitou a colaboración de todos os veciños e a súa comprensión, e pediu desculpas polas molestias causadas.

Etiquetas