Skip to main content
ActualidadeVilalba

Yobani, galardoado como mellor loitador en Xixón

Por 18 Xuño, 2018Sin comentarios

O vilalbés Carlos Yobani vén de ser galardoado como mellor loitador da 22ª edición do torneo do RGC Covadonga de Xixón no que gañou os seus 3 enfrontamentos e contribuíu a acadar o 3º posto por equipos da selección galega.

O galardón foille entregado por Fernando Roblés, actual seleccionador júnior que animou Carlos a preparar con todas as gañas o europeo júnior que disputará en Roma a finais de xullo.

Con este evento Carlos confirma a súa evolución gañando todos os combates nos que participou esta tempada agás o Campionato de España sénior, no que acadou o 5º posto. Agora comezará a preparación especial para o europeo júnior, así como a de José Cuba para  o Gran Premio de España, proba clasificatoria para o mundial de agosto.