Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A UNED sénior oferta tres novos cursos de arte e literatura

Por 19 Xuño, 2018Sin comentarios

A UNED Sénior e o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica e a plataforma CulturaliaGZ porá en marcha a realización de novos cursos de poesía, literatura e arte para o próximo curso.

O poeta chairego Martiño Maseda e a poeta/artista Adolfina Mesa serán quenes coordinen as clases e obradoiros destas materias, que contarán co apoio da NPG e Culturalia e os seus componentes.

Os cursos previstos son un obradoiro de poesía co título POEMAXE (combinación de poesía e imaxe); un obradoiro de narrativa co título O MICRORRELATO (a condensación da palabra), e un curso de pintura e artes decorativas (a emoción reflectida a través da cor).

As preinscricións e información poderánse até o 15 de setembro nos seguintes correos:
info@culturaliagz.com, dosvilares@gmail.com, coordinadorunedsenior@gmail.com, ou tamén a través das redes sociais da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares Lareira de soños.

Os obxectivos destes cursos é que o alumnado se achegue ás disciplinas pictórica e literaria (pintura, poesía, narrativa) dun xeito ameno coa intención de provocar un exercicio comunicativo das emocións ao tempo que se adquiren unha serie de coñecementos relacionados coas disciplinas mencionadas.

A finalidade dos mesmos é a creación dunha antoloxía literaria (poesía ou narrativa) ou pictórica cos
traballos realizados polo alumnado ao longo dos obradoiros, para que sexan apreciados por parte do público.