Entrega dos premios do II certame de debuxo e poesía Avelino Díaz

O Centro Sociocultural Avelino Díaz das Rodrigas, en Riotorto, acolle este xoves 21 de xuño, ás 20.00 horas, a entrega dos premios do II Certame de debuxo e poesía Avelino Díaz convocado polos concellos de Riotorto e Meira.

Ao Certame foron presentados máis de 300 traballos nas súas diferentes categorías. O xurado estivo formado polos escritores José Otero Canto e Jesús Trashorras Nogueira, e pola escritora mirandesa Mª José Fernández López.

Os gañador foi na Categoría A, o poema Primavera, de Daniela Prieto Álvarez. O segundo premio oir para Lúa, de Ena Rivas Rego e o terceiro para Lila, de Zoe González Seivane.

Na Categoría B, o primeiro premio foi para O poema, de Mara Fiallega Gavín; o segundo para Eu e os xogos de Galicia, de Rut Busto Domínguez, e o terceiro premio para O soldadiño, de Xela Martínez Domínguez.

Na Categoría C o primeiro premio foir para Arde, de Jorge Moral Vidal. O segundo correspodeu a Fuxir, de Antía López Gándara e o terceiro a Lugar de inspiración, de Natalia González Gómez.

Finalmente, na Categoría D gañou Mea culpa, de Martiño Maseda Lozano, seguido de Fume nos ollos, de Emilio Silva Otero, e A salmoira nas túas bágoas, de Natalia Lema Otero.

Etiquetas