Castro Ribeiras de Lea contará cun maratón de fútbol sala

Castro de Rei acollerá a celebración do IV Maratón de Fútbol Sala aberto a equipos sénior que terá lugar entre o 29 de xuño e o 1 de xullo no pavillón municipal.

A organización ten reservadas 24 prazas para participar e xa hai anotados uns 16 equipos da provincia de Lugo. O prazo de inscrición aínda estará aberto ata o o mércores 27 de xuño e ten que facerse a través do teléfono 686 471 405 ou no 620 306 633.

Haberá trofeo e premio para os catro primeiros clasificados.

Etiquetas