Guitiriz celebrará cursos de natación en xullo e agosto

O Concello de Guitiriz celebrará este verán cursos de natación na piscina municipal tanto para nenos como para adultos.

As clases desenvolveranse de luns a xoves de 12.00 a 12.40, de 12.40 a 13.20 e de 13.20 a 14.00 horas. Os mércores o horario de 12.40 a 13.20 estará reservado para Alume. Cada grupo terá dúas sesións semanais de clase.

Estes cursos terán un custe de 1o euros ao mes para os empadroados no concello de Guitiriz e de 15 para o resto.

O prazo de inscrición para os cursos estará aberto ata o 27 de xuño e o ingreso farase por orde de inscrición.

O venres 29 haberá unha reunión, ás 16.00 horas, para distribuír os grupos nos horarios dispoñibles.

Etiquetas