O Outeiro de Rei e o Friol feminino, últimos campións de Copa deste ano

A tempada deportiva chegou esta fin de semana ao seu final coa disputa dos últimos partido da Copa Diputación nas categorías Preferente e Primeira Autonómica e feminina.

No primeiro caso o vencedor do Torneo foi o Outeiro de Rei, que derrotou a un combativo Páramo por 4-1 con dous goles nos intres finais do partido en dous contragolpes.

Pola súa banda, na categoría feminina o gran vencedor foi o Perruquería Mixta Friol, que xoga en Segunda División Nacional, e que goleou ao Antas por 7-0, un equipo que vén de obter o ascenso a Primeira Autonómica.

As dúas finais tiveron lugar no estadio da Madalena de Vilalba o domingo pola tarde cun emotivo recordo a Jorge Tato o xogador doVilalbés ao que se lle adicou a Copa este ano. También houbo un minuto de silencio en lembraza do pai do presidente do Vilalbés e do legado da Federación Galega en Lugo Manuel Vilachá.

Etiquetas