Guitiriz organiza unha viaxe de aprendizaxe sobre o aproveitamento resineiro

O sábado 30 de xuño de 2018, o Concello de Guitiriz programa unha viaxe para ver tres lugares onde se está aproveitando a resina dos pinos con fins económicos, sociais e medioambientais. Visitaranse Baroña (en Porto do Son), Boiro e Campolameiro. O autobús sairá da Praza do Mercado ás 9 da mañá para voltar ao mesmo lugar ás 21 horas.

As persoas interesadas en participar nesta viaxe deberán indicalo antes do xoves 28 ás 14 horas aportando nome completo, data de nacemento, DNI e teléfono.

A viaxe forma parte dunha serie de actividades coas que se pretende achegar á xente esta oportunidade para optimizar o aproveitamento dos montes, preparalos para un uso sostible e crear postos de traballo co que se busca o asentamente no rural e insertar no mundo do traballo xente nova sen experiencia ou maiores en paro de longa duración.

O custe será unicamente o que coste o xantar en Boiro. A viaxe será guiada por unha inxeneira experta neste tema.

Etiquetas