Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

San Paio de Narla contará con diferentes actividades este verán

Por 26 Xuño, 2018Sin comentarios

A Rede Museística da Deputación de Lugo dá comezo as súas actividades de verán. Trátase dun total de 28 actividades nas que se inclúen 21 obradoiros e 7 campamentos que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. As inscricións lévanse a cabo no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp.

Pilar García Porto convidou a todos os interesados a “inscribirse nestas actividades que contribúen a formación ao mesmo tempo que son iniciativas lúdicas para que os máis novos se acheguen ao mundo da cultura dun xeito máis ameno e divertido”.

Son actividades para todas as idades, que terán lugar ao longo do período estival co obxectivo de ofrecerlles a posibilidade de aprender e desfrutar ao mesmo tempo, descubrir novos mundos e expresións culturais. Neste eido, coñecemento e entretemento únense nunha programación que xira arredor da sabedoría das coleccións custodiadas nos museos da rede.

No Museo de San Paio de Narla haberá diferentes actividades para o que xa está aberto o prazo de inscrición no Departamento de Didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla a través do número de teléfono 982375156 ou no correo sanpaiodenarla@museolugo.org.

Obradoiro: Máscaras africanas

Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas

  • Data: 27 de xuño.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.
  • Horario: de 11:00 a 14:00h.

Campamento Arqueoloxía:

Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.

  • Data: 5 e 6 de xullo.
  • Prazas: 15.
  • Idades: de 4 a 12 anos.
  • Horario: de 11:30 a 13:30h.

Obradoiro: Pensa en arte. As pezas falan.

Os nenos elixirán una peza de entre todas as do museo para elaborar a súa descrición que será gravada para así poder facer unha audioguía do museo.

  • Data: 10 de xullo.
  • Horario: 11:00 a 14:00h.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.

Obradoiro: As imaxes lévannos ao camiño da palabra

Os nenos farán unhas fichas de diferentes pezas, nas que se describan as súas características.

  • Data: 11 de xullo.
  • Horario: 11:00 a 14:00h.
  • Prazas: 15.
  • Idades: Sen límite.

Obradoiro: Campamento no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)

  • Data: 7, 8, 9 e 10 de agosto.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.
  • Horario: de 11:00 a 14:00h.

Obradoiro: As pegadas da muller de San Paio.

  • Data: 21 de agosto.
  • Horario: 11:00 a 14:00.
  • Prazas: 15.
  • Idades: sen límite.

Obradoiro: Iniciación ao gravado. Estampación

Actividade colaborativa en grupo, na que cada neno/a elaborará o seu propio tapón de selado e que cada compañeiro poderá usar para a súa creación final de estampación.

  • Data: 24 de agosto.
  • Horario: 11:00 a 14:00h.
  • Prazas: 15.
  • Idades: Sen límite.