Vilalba acolle o 30 o XXX Torneo de judo

Os clubs máis representativos da provincia participarán o 30 de xuño na XXX edición do Torneo de Judo de Vilalba, a que sen dúbida é xa unha das citas deportivas máis antigas do Concello.

A competición dará comezo ás 17.00 horas coa pesaxe dos participantes para comezar a competición ás 18.00. Haberá para iso varios tatamis repartidos polo pavillón Municipal, lugar de celebración deste evento deportivo.

Nesta competición participarán deportistas de todas as categorías, dende júnior a benxamín mixto.

O prazo de incrición para esta competición remata o 28 de xuño e esta pode facerse por teléfono no 609 812 823 ou no correo electrónico gimnasiosenra@gmail.com

Etiquetas