Fruga acusa a CNMC de perxudicar ao sector lácteo

Información Remitida por FRUGA:

Os últimos informes publicados pola Comisión Nacional de Mercados e Competencia (CNMC), acerca do sector lácteo, amosan unha vez mais o seu posicionamento de corte neoliberal, fronte a calquera tipo de medida regulatoria no que respecta ás relacións comerciais entre gandeiros e industrias.

En datas pasadas, a Comisión Nacional de Mercados e Competencia, emitía un informe con respecto o proxecto de Real Decreto que establece as condicións de contratación no sector lácteo. Este informe descualifica a proposta de real decreto por a considerar moi intrusivo no que respecta a regulación dos mercados lácteos.

Igualmente a CMNV, avoga por reprantexar a esixencia de fianza os primeiros compradores de leite de vaca, por un importe de 150.000 euros. En Galiza, temos padecido numerosos impagos, por parte de primeiros compradores, que afectan negativamente ás nosas explotacións. A día de hoxe aínda hai moitos produtoras e produtores que están a sufrir os impagos destes operadores, como é caso de Lácteos Terra de Montes de A Estrada. FRUGA considera imprescindíbel que se lles exixa aos primeiros compradores algún tipo de garantías, do contrario as ganderías galegas poden verse seriamente afectas, como consecuencia da súa indefensión ao non poder cobrar cunhas garantías mínimas a súa produción en tempo e forma.

Outro dos aspectos que a CMNV non permitiu, foi un sistema de etiquetado do leite, que identifique claramente o país de orixe da produción, algo contraditorio coas recomendacións da UE e doutros organismos, que avogan por unha por unha maior trazabilidade. O consumidor ten dereito a saber que tipo de leite está a consumir, tanto no que respecta o modelo de produción, como o lugar de orixe.

FRUGA considera que todo este tipo de posicionamentos da CMNV, son claramente prexudiciais para o sector produtor. Con este pronunciamentos somentes están a favorecer as posicións de forza das empresas e especialmente as de carácter transnacional.  A CNMV defende unhas relacións claramente neoliberais, sen ningún tipo de regulación entre a produción e a industria. Sendo sempre o sector produtor  o que sufre as baixadas unilaterais de prezos, e quen realmente ten que vender a súa produción sen ningún tipo de garantías. Non é de recibo que este organismo se sinta mais preocupado polos acordos que poidan existir entre os distintos actores da cadea alimentaria, que das ventas que se dan por debaixo dos custes de produción.

A CNMC, foi creada no ano 2013 polo Ministerio de Industria, e estase a converter nun instrumento que soamente favorece aos intereses das grandes multinacionais. Traballando diariamente para que estes grandes oligopolios teñan sempre uns beneficios considerables, aínda que sexa a conta de prexudicar seriamente a mais das 7800 familias  produtoras de leite de Galiza.

Etiquetas