Lareira de Soños realizará unha campaña para salvar os frescos dos Vilares

A Lareira de Soños inicia unha campaña para salvar os frescos renacentistas dos Vilares do século XVI “despois de ter constatado ao longo de catro anos o pouco interés das administracións”. Esta asociación lamenta “o silencio da Deputación Provincial despois de ter apresentado proxecto, recibido visitas de deputados; o absentismo do Concello, que lonxe de liderar esta reivindicación, mantense ausente e sumiso co goberno socialista provincial; a Xunta, que despois de terse aprobado na Comisión de Cultura do Parlamento Galego a restauración das pinturas do Mestre de Parga, non se ten posto en contacto co resto de organismos nin ten habilitado os fondos, e a igrexa, que non ten solicitado formalmente a Patrimonio esta restauración”.

A asociación indicou que no mes de setembro iniciarán unha campaña que contendrá diversas accións que darán comezo cun crowdfunding ou recadación (comunal) para abordar polo menos a consolidación e protección das pinturas e frenar a súa degradación. Seguirán cun reparto do estudo dos frescos do profesore Monterroso Montero no Caderno de Estudos Mindonienses de 1992 entre os feligreses e veciños dos Vilares para sensibilizar sobre a importancia das pinturas.

Entre o resto de medidas que levarán a cabo destaca un documental para unha campaña audiovisual e difusión desta importante obra, unhas xornadas con diferentes profesionais (historiadores, restauradores, arqueólogos e especialistas) para chamar a atención sobre a importancia dos frescos e iniciativas en distintos foros e organismos relacionados coa cultura e o patrimonio.

Etiquetas