Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras vive as súas festas do 2018

Por 29 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello de Muras recibirá o mes de xullo en festas como é tradicional. A programación dará comezo o venres 29, ás 21.00 horas, cunha sardiñada popular, á que seguirá a tradicional verbena que estará a cargo de Kepa Junquera e Noche de Estrellas.

O sábado haberá pasarrúas desde a mañá co O Garabato dos Trasnos. Como sempre, haberá misa solemne e sesión vermú co grupo D’Ases. Pola noite o prato forte do programa será a actuación de Los Satélites e Combo Dominicano.

As festas rematarán o domingo cun novo pasarrúasco O Garabato dos Trasnos. Volverá a celebrarse a misa solemne e a sesión vermú nesta ocasión estará a cargo de D’Nika.