Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O Concello de Riotorto celebra esta fin de semana as súas patronais

Por 29 Xuño, 2018Sin comentarios

Riotorto vestirase esta fin de semana de festa na honra de San Pedro e Santa Isabel. A programación preparada para a ocasión dará comezo o venres 29 coa misa ás 12-30 horas seguidas dunha sesión vermú coa orquestras Alaska, a mesma que animará a verbena pola noite xunto á charanga Maloserá, de Guntín.

O sábado a misa será ás 14.00 horas con procesión e sesión vermú a cargo da charanga Era Visto. Pola noite, en sesión verbena volverá a mesma charanga e tamén o grupo Revolution.