Dez novos traballadores para Riotorto

O Concello de Riotorto contará con dez empregados máis a partir do 1 de xullo dentro de programas de emprego subvencionados.

Así, comezarán a traballar no concello 5 brigadas de incendios e tres condutores de motobombas durante tres meses (do 1 de xullo ao 30 de setembro) dentro do programa da loita contra incendios.

Ademais, tamén empezan a traballar dous peóns forestais dentro do programa Aprol do Rural, que teñen contrato durante nove meses.

Etiquetas