Muras inicia a recollida de plásticos e a revisión da ITV

O Concello de Muras iniciará o día 9 de xullo a recollida de plásticos agrícolas en todo o termo municipal.

Para a prestación deste servizo utilizarase un camión que pasará por aquelas explotacións agrícolas que así o demanden chamando ao teléfono 982 500 001. Tamén poderán solicitar dito servizo no Concello en horario de 8.00 a 14.30 horas.

Os solicitantes deberán seguir unha serie de normas para a súa recollida. De feito deben estar depositados en puntos de fácil acceso para o camión. Por seguridade, deberán estar apartados do tendido eléctrico e dos árbores que poidan dificultar o movemento da pluma para a carga.

ITV.  Por outra banda, a unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará os días 10 e 11 de xullo no Concello de Muras para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00. A devandita unidade estará situada na praza de Viveiró os día 10 e na Área Recreativa da Veiga, xunto ao campo de fútbol, o 11.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.

Etiquetas