O programa BTTeando por Guitiriz remata o 8 de xullo

O Concello de Guitiriz e o Club Ciclista Btteiros Cova da Serpe celebrarán o 7 de xullo a última das rutas do programa BTTEANDO por Guitiriz, que consistiu na celebración dunha serie de rutas en bicicleta polo Concello co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio do mesmo e fomentar a práctica do deporte e os hábitos de vida saudables.

Este tipo de actividade, que non ten carácter competitivo, desenvolveuse un domingo ao mes ata xuño con saída ás 10.00 horas da mañá. Cada ruta tivo unha duracción aproximada de 3 ou 3 horas e media. A primiera, en xaneiro, foi a ruta do Muíño da Ruxida, en Parga. O 18 de febreiro fixeron a ruta do pantano de San Xoán, o 12 de marzo a da pedra de Xosé María Díaz Castro e o 15 de abril a das bidueiras no monte de San Breixo. O 13 de maio escolleron a ruta do Camiño Norte de Santiago tradicional pechan o ciclo cun percorrido polas Fragas do Eume.

A ruta terá a súa saída ás 9.00 horas do Campo da Feira de Guitiriz. Os que partan do Mosteiro de Monfero faranno ás 10.00 horas.

Todas as rutas están abertas ao público en xeral a partir de 10 anos de idade. A organización lembra que é necesario o uso de casco e aconsellable o de luvas e chuvasqueiro en caso de choiva.

Etiquetas