Riotorto celebra o San Cristovo cunha paella xigante e a bendición de vehículos

Riotorto celebrará as festas de San Cristovo os días 6 e 7 de xullo cunha paella xigante o venres ás 22.00 horas de inicio de celebración amenizado polo dúo Estrellas. Os que queira asistir deberán comprar o tiquet a un prezo de dez euros nos locais da vila.

O sábado, día grande, haberá misa solemne ás 13.00 horas, seguida da procesión e da benbición dos vehículos antes da sesión vermú, que estará a cargo do dúo Merengue.

Haberá servizo de polvo a cargo da Pulpería Ruzo. As reservas poden facerse no número de teléfono 676 089 920 e no 617 503 285.

Pola noite, a verbena estará a cargo das orquestras Costa Dorada e Limón.

Etiquetas