Skip to main content
Actualidade

Uns 120 nenos participan nos campamentos urbanos das Pontes

Por 2 Xullo, 2018Sin comentarios

Un total de 120 nenos, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, participarán nos campamentos urbanos de verano que organiza o Concello de As Pontes, durante os meses de xullo e agosto, a través da Concellería de Benestar Social.

A primeira quedan desta nova edición dos campamentos municipais, que botou a andar hoxe, desenvolverase de luns a venres, en horario de 08:00 a 14:30 horas, no CEIP A Magdalena.

O obxectivo prioritario desta iniciativa, en palabras de Isabel Fornos, edil da área, é: “axudar ás familias de As Pontes a conciliar durante o período estival ó tempo que procurar desenvolver entre os máis pequenos da vila, a través de actividades de carácter didáctico e lúdico, actitudes positivas en prol da igualdade de oportunidades”.

A temática desta edición xira entorno a ´”Mulleres de conto” e permitirá achegará ós menores ás grandes mulleres da historia contemporánea: Frida Kahlo, Marie Curie, Ella Fitzgerald, Amelia Earthart ou Dian Fossey, entre outras, coas que aprenderán ciencia, arte, música ou zooloxía.

Cada semana estará dedicada a unha gran muller e levaranse a cabo actividades relacionadas coas súas biografías. Talleres de plástica, obradoiros de instrumentos musicais, taller de sact (técnica vocal de improvisación) experimentos científicos, xincana ecolóxica, murais de animais en perigo de extinción son algunhas das actividades programadas ó abeiro deste campamento no que tamén haberá actividades relacionadas co teatro, a música, o baile ou as emocións, dirixidas por oito monitores.

Haberá tamén obradoiros prácticos de inglés, xogos, saídas e visitas a través das que se quere ofrece unha alternativa de ocio saudable e activo ós rapaces, orientada a potenciar as súas capacidades individuais e a convivencia entre os compañeiros, a cooperación, a creatividade ademais da autonomía, a responsabilidade así como a educación en igualdade.

O campamento urbano municipal ofrece tamén un servizo de almorzo para aqueles nenos que precisan entrar un pouco antes, permitindo ás súas familiar mellorar a conciliación familiar.