Campamento de verán en Guitiriz para nenos de 7 a 12 anos

O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para participar no campamento de verán que se realizará entre o 16 e o 20 de xullo. Esta actividade está dirixida a nenos de 7 a 12 anos de idade e o prazo de inscrición remata o 12 de xullo, ou ata completar prazas.

Dentro das actividades previstas, os rapaces poderán desfrutar dunha excursión á Mariña lucense con actividades deportivas e praia; unha excursión a Lugo para visitar o Museo Provincial e ao Lugo romano; unha tarde de piscina na área Los Robles; un día de sendeirismo pola ruta da auga; xogos populares; desfrute da piscina municipal e moitas máis actividades.

Etiquetas