Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Rácing Club Vilalbés recibe os seus premios deportivos

Por 3 Xullo, 2018Sin comentarios

O Rácing Vilalbés rematou a súa tempada 2017-2018 sen o esperado ascenso a Segunda B pero obtivo o premio á deportividade, que lle foi entregado o pasado día 29 en Santiago de Compostela na Gala do Fútbol Galego.

O club chairego recibiu o mes pasado a notificación da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol na que lle informaba de que o equipo ía ser galardonado como o máis deportivo de Terceira División na tempada 2017-2018.

O presidente do Vilalbés, Francisco Ruiz, mostrouse orgulloso por que o club reciba un premio ao xogo limpo e asegurou que é “une o exemplo para os nosos rapaces”.

GALA DE FUTBOL GALEGO. A Gala do Fútbol Galego estivo organizada este ano de forma conxunta pola ACGF e a Federación Galega de Fútbol. Nela, entregáronse os trofeos aos equipos campións de ámbito autonómico tanto de fútbol campo como fútbol sala, aos clubs que realizan un traballo destacado no fútbol base, árbitros, adestradores, xogadores, patrocinadores, á mellor afección e directivos ou colaboradores que leven toda a súa vida dedicada ao fútbol, entre outros galardóns.

Dentro de todo isto, cabe destacar o trofeo Luis Suárez ao mellor xogador que foi para Diego Villares de 3ª división, o trofeo José Luis Vara ao mellor adestrador que foi para Ócar Gilsanz de 3ª división, e tamén os trofeos ACGF ao equipo más deportivo e o trofeo Quinocho á deportividade que foron para o club vilalbés.