Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei vístese de festa esta fin de semana

Por 5 Xullo, 2018Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei celebrará o seu fin de semana máis grande do ano entre o 6 e o 9 de xullo. As patronais do concello, na honra a Santa Isabel coincidirán coa celebración tamén da Feira de Artesanía, a carreira popular e o concurso de pintura rápida.

As festas darán comezo o venres coa misa solemne no campo de Santa Isabel amenizado pola Coral Músico Crisanto ás 13.30 horas, seguido da comida de confraternidade e o baile. Pola noite haberá verbena coa orquestra Acordes.

O sábado será o día grande, coa celebración da carreira solidaria (consulta información) SOMOS Unidos polo Cancro a partir das 10.30 horas e coa celebración durante todo o día do concurso de pintura rápida (consulta este enlace) e da Feira de Artesanía (consulta programación).

Na programación festiva haberá sesión vermú ás 14.340 horas coa orquestra Compostela, que tamén será a encargada da vebena.

O domingo a misa e a procesión celebrarase na igrexa parroquias de San Xoán, seguida da sesión vermú a cargo do dúo Elixir. Pola tarde, ás 19.00 horas, haberá partido de fútbol entre homes e mulleres e pechará o día a verbena coa orquestra Panamá Band e Elixir.

O luns, festivo local, haberá misa novamente coa Coral Músico Crisanto en San Xoán e sesión vermú coa orquestra Alaska. Pola tarde será a vez dos xogos infantís e animación na praza do Concello.